Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O FESTIVAL PECHOUSE ESTE MÉRCORES

'Cerdeiras en flor', filme máis votado en Cineuropa

A película alemá foi a preferida polo público da mostra, á que asistiron 37 mil persoas, un vinte por cento máis ca en 2007.

Redacción - 18:00 04/12/2008

Aos espectadores de Cineuropa gústalles o novo cinema alemán. As dúas películas máis votadas da edición 2008 do Festival proceden daquel país: Kirschblüten - Hanami (Cerdeiras en flor) de Doris Dörrie e Die Welle (A onda) de Dennis Gansel. Xa hai dous anos a película preferida do público fora a tamén xermana A vida dos outros. Recibiu igualmente unha moi alta puntuación Il y a longtemps que je t'aime (Hai moito tempo que te quero) de Philippe Claudel, e xa fora da sección oficial foron moi ben recibidas as películas sobre Palestina; de feito os catro filmes máis votados na sección Panorama Internacional teñen como tema principal o conflito árabe-israelí: Captain Abu Raed, A Burbulla, Os Limoeiros e Valse con Bashir.

A gran venda liderou os votos na categoría de documentais, Blindness na de cinema fantástico, e In Love We Trust na de Mundo Asia. Finalmente, na sección de documentais sobre música, os espectadores optaron polas achegas a Tom Petty, Neil Young e Surfin' Bichos.

Pechouse así unha nova edición de Cineuropa, que rexistrou un novo éxito de asistencia, con case 37 mil espectadores (36.944), un 21.5% máis ca no 2007 (29.984), e moi por riba tamén das cifras de 2006 (24.795). Un festival en crecemento.

Sección Oficial
Kirschblüten - Hanami (Cerdeiras en flor). Doris Dörrie 8.3
Die Welle (A onda). Dennis Gansel 8.2
Il y a longtemps que je t'aime (Hai moito tempo que te quero). Philippe Claudel 8.0

Panorama Internacional
Captain Abu Raed (Capitán Abu Raed). Amin Matalga 8.5
Ha Buah (A burbulla). Eytan Fox 8.4
Etz Limon (Os limoeiros). Eran Riklis 8.0

Documentos: memoria e presente
The Big Sellout (A gran venda). Florian Opitz 8.3
Flores de luna (Flores de lúa). Juan Vicente Córdoba 7.9
Deliver Us From Evil (Líbranos do mal). Amy Berg 7.8

Mundo Asia
Zuo You (In Love We Trust). Wang Xiaoshuai 7.4
Mongol. Sergei Bodrov 7.0
Aruitemo, aruitemo (Still Walking). Hirokazu Koreeda 6.6

Fantastic Compostela
Blindness. Fernando Meirelles 7.9
JCVD. Mabrouk El Mechri 7.6
Noise. Matthew Saville 7.5

DOC: MUSIC

Tom Petty and the HeartBreakers: Runnin' Down a Dream. Peter Bogdanovich 8.5
Young@Heart (Corazóns rebeldes) . Stephen Walker 8.3
Buzos haciendo surf. Un documental sobre Surfin' Bichos. Rogelio Abraldes 8.0


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Trailer do filme gañador

Trailer de 'Die Welle', o segundo filme máis votado