A pasada fin de semana, As Corcerizas, o equipamento que Amigos da Terra xestiona na Serra de San Mamede (Ourense) e no cal estábase levando a cabo un curso sobre Interpretación do Patrimonio, quedou illado polo temporal de neve. O centro está construído baixo criterios de bioconstrución e autoabastecido con enerxías renovables como a eólica, hidráulica, solar e a biomasa e non tivo problemas de subministro en ningún momento. Deste xeito, queda demostrado unha vez máis o perfecto funcionamento deste tipo de enerxías en situacións extremas como as que alí se viviron, xa que noutras zonas de Galicia nas que se utiliza a enerxía convencional houbo fallos na rede de abastecemento.
Amigos da Terra atopa este feito moi importante para mostrar á cidadanía as vantaxes do uso das enerxías renovables e os beneficios da non dependencia enerxética a que estamos acostumados. As reservas enerxéticas que tardaron en formarse miles de anos se consumen en cuestión de minutos e van diminuíndo a un ritmo imparable. A queima dos combustibles fósiles para a produción de enerxía eléctrica ten 31 veces máis impactos ambientais que a súa obtención a través de enerxías renovables, e unha das repercusións máis preocupantes é a realidade do cambio climático.
Grazas ao equipo docente , á calidade do programa educativo e ao bó funcionamento do equipamento, o curso, no que participaron 40 persoas, foi todo un éxito e levouse a cabo sen problemas de subministro como auga quente, calefacción ou electricidade durante os tres días que durou. Debido ao mal estado das estradas o grupo permaneceu un día máis disfrutando, en pleno inverno, dunha nova experiencia na montaña.