Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MUNDO EMPRESARIAL

Os contratos xa se poderán asinar por SMS

A nova modalidade, primeira do mundo do seu tipo, fai uso das mensaxes de móbil certificadas, e é froito da colaboración entre as cámaras de comercio e Lleida.net.

Redacción - 10:10 08/12/2008

A Cámara de Comercio de Vigo anunciou a posta en marcha do primeiro servizo de Contrato por SMS do mundo, creado pola autoridade de certificación dixital das cámaras de comercio, Camerfirma, e a operadora de mensaxaría móbil Lleida.net. O servizo permite referendar un acordo a tráves do móbil, con acuse de recibo e sinatura dixital.

Para poder levar a cabo este tipo de contrato, a operadora Lleida.net envía unha mensaxe dende a internet a un teléfono móbil. O usuario responde a mensaxe e é entón cando se xera un certificado que recolle o texto, a data e a hora das dúas mensaxes. Tamén se crea un recibo con copia certificada e asinada dixitalmente que é equivalente a un contrato privado.

Segundo explicou Marc Gallardo, avogado de Lleida.net, "trátase dun documento electrónico e físico, xa que se pode imprimir, e acredita o contrato por un terceiro de confianza". Ademais, engadiu que "o contrato por SMS ten plena validez legal e está regulado pola lexislación española. A Directiva europea 2000/31/CE a la Lei española 34/2002 definen el concepto e requisitos que un contrato electrónico debe reunir para ser considerado como tal".

Nunha primeira fase piloto, tres operadoras e algunhas empresas usaran a transacción certificada. Todas elas decidiron continuar co seu uso, debido ao aforro de custos que supuxo o servizo. A transacción supón un gran cambio no eido das telecomunicacións, pois permite trasladar ao móbil o peche de contratos, facendo o proceso inmediato e seguro.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: