Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLO-CROSS

Sete galegos correrán nunha proba da Copa do Mundo

As seleccións júnior e cadete levarán á localidade vasca de Igorre seis corredores, ademais de Óscar Vázquez, que competirá en elite.

Redacción - 10:00 06/12/2008
Imaxe dunha carreira de ciclo-cross

Imaxe dunha carreira de ciclo-cross

Este domingo terá lugar na localidade vasca de Igorre a quinta proba da Copa do Mundo de Ciclo-Cross, organizadas pola Unión Ciclista Internacional. Até alí desprazaranse as seleccións galegas júnior e cadete, cada unha con tres representantes. O outro galego que estará en Igorre é Óscar Vázquez, que foi chamado pola selección estatal de elite.

Na categoría júnior correrán Óscar Martínez, Paulo González e Adrián Pérez; mentres que o equipo de cadetes fórmano Pablo Rodríguez, Saúl López e Iván Losada. As carreiras realizaranse todas na mañá do domingo, sobre un circuíto de 2.850 metros que percorrerán representantes das mellores seleccións de ciclo-cross.

Os primeiros galegos en competir serán os cadetes, dende as 10:00 horas, seguidos dos júnior ás 11:30 horas. Óscar Vázquez e os outros corredores de elite serán os últimos en saír, ás 12:30 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: