Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VALORACIÓNS DO DESEMPREGO

O BNG apela ao impulso de todo o tecido produtivo do país

Os nacionalistas agoiran máis meses con datos do paro negativos e reclaman medidas como a creación dun instituto de crédito galego.

Redacción - 14:30 02/12/2008

O Bloque Nacionalista Galego subliña o cambio de tendencia que se está a dar en Galiza cun incremento do paro por riba da media do Estado. Contra esta suba, defende a "cobertura aos novos desempregados e a aposta polo impulso de todo o tecido produtivo do país". Como exemplo, fala das medidas que están a por en marcha as consellarías de Vivenda, Industria, Benestar e Medio Rural e reclama a creación dun instituto galego de crédito (á imaxe do ICO) e que Navantia poida volver á construción civil.

Con todo, os nacionalistas destacan que "as referencias seguen a ser positivas con respecto ao Estado no que atinxe ao incremento do paro no que vai de ano (en Galiza supón un 12,3% e no Estado un 42,7%). Non obstante, Fernando Blanco Parga salienta que estas cifras continuarán a incrementarse e subliña que no referente aos novos contratos, hai que ter en conta que "o 10% seguen sendo fixos e o 90% temporais".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: