Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CONSELLO DA XUNTA

Unha rede de fibra unirá as universidades galegas e portuguesas

Innovación e Industria achegará un millón de euros e o Cesga terá dereito a un 30% do largo de banda.

Redacción - 09:00 28/11/2008

O Consello da Xunta aprobou este xoves crear unha nova rede que interconectará as redes de investigación do Estado Español, Galiza e Portugal. O convenio de creará un circuíto internacional para potenciar os proxectos de colaboración transfronteirizos. O acordo asinarao a Consellaría de Innovación e Industria, a través do Cesga, coas demais entidades implicadas.

A consellaría investirá un millón de euros nesta infraestrutura. A Rede de Conexión suporá unir a Rede Académica e de Investigación Española (RedIRIS), a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e a Rede Académica e de Investigación Portuguesa (RCTS). O importe restante achegarao Red.es, entidade xestora de RedIRIS, con cargo a fondos europeos, até un total de 3,4 millóns de euros.

A conexión estará baseada en fibra óptica escura e realizarase entre a ponte internacional sobre o Miño e o centro de comunicacións do Cesga en Compostela. Será en total 150 quilómetros de fibra que pasarán, ademais, polo campus das Lagoas-Marcosende. Dispoñerá de tres equipos ópticos de conmutación e dun equipo óptico para iluminar a fibra escura.

A titularidade da Rede de Conexión corresponderalle ao Ministerio de Ciencia e Innovación e a súa xestión técnica e operativa a Red.es. O Cesga terá dispoñibilidade de utilización de até o 30% da infraestrutura adquirida para uso propio de RECETGA.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: