Daniel Bragiela e María Belén Lemat son os novos reis do maratón galego, despois da carreira celebrada en Vigo.
Tui volveu acoller a Maratón do Baixo Miño
Daniel Bragiela dominou con claridade o campionato galego de maratón, nunha carreira onde chegou á meta cunha clara vantaxe sobre os seus perseguidores. Así, o ponteareán do Corredoira Bueu rematou cun tempo de 2.25.47, seguido por Francisco Vázquez e Francisco Sanmarco, ámbolos dous membros do Club Atletismo Sar. Segundo e terceiro clasificado chegaron a case 17 minutos de Bragiela, completando a carreira cuns tempos de 2.42.24 e 2.42.41 respectivamente.
Na categoría feminina só participaron dúas atletas: María Belén Lemat, do Sanmartolameu, e Monserrat Carreira, do Comesaña. A vitoria foi para Lemat cun tempo de 3.36.22 fronte ao 3.44.31 de Carreira.
O campionato galego coincidiu ca disputa dunha carreira de medio maratón, na que se impuxeron Paula Pérez e Pedro Nimo, cuns tempos de 1.36.52 e 1.11.43 respectivamente.