Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Gotha, no leste do país

Penduran unha cabeza de porco nun cemiterio xudeu de Alemaña

Estaba encaixada na estrela de David que decora o valo. Tamén o camposanto de Erfurt, a vinte quiómetros, apareceu profanado o luns.

Redacción - 10:30 23/11/2008
Cemiterio de Herrlisheim, no leste de Francia, profanado en 2004

Cemiterio de Herrlisheim, no leste de Francia, profanado en 2004

Descoñecidos profanaron o cemiterio xudeu de Gotha, no leste de Alemaña, colgando da entrada unha cabeza de porco, segundo informou este martes a policía da cidade aos medios. Ninguén reivindicou o acto polo momento.

A testa do animal estaba encaixada na estrela de David que decora o valo. Ademais, os profanadores colgaron unha saba branca onde escribiron en vermello "seis millóns de mentiras", en alusión á cifra de xudeus mortos baixo o nazismo.

O portavoz policial tamén precisou que os profanadores tiraron anacos de cristais rotos e líquido vermello por encima do valo. Na madrugada do domingo ao luns tamén profanaron outro camposanto xudeu, a 20 quilómetros do de Gotha, en Erfurt. Unha placa conmemorativa situada na entrada foi cuberta con líquido vermello.

En maio de 2003, o cemiterio xudeu de Neustadt, no estado de Schleswig-Holstein (norte), tamén fora profanado cunha cabeza de porco. Unha rede neonazi reivindicara daquelas o acto.


2/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: