Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito nos Balcáns

A Haia declárase competente para xulgar o suposto xenocidio de Serbia en Croacia

E a segunda vez que o país afronta este cargo, logo de o facer por unha denuncia de Bosnia que a Corte Internacional de Xustiza desestimou.

Redacción - 18:15 18/11/2008
A presidenta da CIX, Rosalyn Higgins

A presidenta da CIX, Rosalyn Higgins

A Corte Internacional de Xustiza (CIX) da Haia -principal órgano xudicial da ONU- declarouse competente para tramitar unha denuncia de Croacia contra Serbia por suposta limpeza étnica durante a guerra na ex Iugoslavia (1991-95).

Por dez votos a favor e sete en contra, a CIX concluíu que "ten xurisdición para proceder coa denuncia" presentada en 1999, declarou a presidenta, Rosalyn Higgins.

Croacia acusa Serbia e Montenegro (daquelas, Federación Iugoslava) de violar a convención de 1948 para a prevención e represión do xenocidio durante o conflito armado. Nas audiencias do mes de maio pasado, Serbia cuestionou a competencia da Corte.

Esta é a segunda demanda que afronta o Estado de Serbia por xenocidio. A primeira, presentada en 1993 por Bosnia-Herzegovina, desestimárona os xuíces da Haia en febreiro de 2007, alegando que as autoridades non foran responsábeis da limpeza étnica.

No entanto, confirmaron que o masacre de Srebrenica, en xullo de 1995, si fora un xenocidio.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: