Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO EN BETANZOS

A guerrilla antifranquista, no cinema

Ábrese este martes 18 ás oito da tarde coa proxección de 'A guerra dos avós'.

Redacción - 13:45 18/11/2008

Continuando coas actividades organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos e Asociación Cultural Obradoiro da Historia de Ordes para celebrar o centenario do nacemento do guerrilleiro Benigno Andrade García, "Foucellas", terá lugar un ciclo de cinema sobre a guerrilla antifranquista galega no edificio do Arquivo (sala azul) de Betanzos, ás oito da tarde.

Programación
O martes, 18 de novembro, A guerra dos avós (2007) con charla coloquio co seu director Óscar Galansky.
O mércores, 19 de novembro proxectarase Bandoleiros ou guerrilleiros (2006), con charla-coloqui co seu director José Sanmartín.
E finalmente, o xoves, 20 de novembro proxectarase A cidade da selva (2006).


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: