Estefanía Hernández acadou a prata e Belén Asensio o bronce nunha competición catalogada entre as mellores da Unión Europea de Taekwondo.
Estefanía Hernández e Belén Asensio acadaron dúas novas medallas para o taekwondo galego que está a vivir neste 2008 un grande ano. A de Ribeira levou a medalla de prata, mentres que a madrileña afincada no país trouxo o bronce. O open de Croacia está catalogado como unha proba da clase "A", a máis alta cualificación que concede a Unión Europea de Taekwondo.
Ademais de participar nesta competición, as mozas da selección galega pasaron unha semana en Zagreb, onde compartiron adestramentos co equipo croata. Estes adestramentos teñen unha especial importancia por ser o combinado do lugar un dos máis fortes a nivel europeo.
A selección infantil asoballou no estatal de exhibición
Esta fin de semana tamén se celebrou en Alacante o campionato estatal de exhibición, onde o equipo galego asoballou aos seus rivais. O equipo galego participou con dous equipos que acadaron ouro e prata, deixando o bronce para o equipo catalán