O dirixente rebelde anunciou tamén a creación dun corredor humanitario para permitir o paso de axuda aos refuxiados.
Obasanjo (esquerda) e Nnkunda
O líder do Congreso Nacional en Defensa do Pobo (CNDP), o xeneral renegado Laurent Nkunda, accedeu este domingo a participar no proceso de paz patrocinado pola ONU, logo de se reunir co representante especial da organización para o conflito na República Democrática do Congo (RDC), Olusegun Obasanjo.
Nkunda anunciou explicitamente que accedía á petición de Obasanjo, presidente de Nixeria, de adherirse ao cesamento do fogo, até o de agora unilateral, declarado polo goberno congoleño de Joseph Kabila. "Pediunos seguir apoiando o proceso e accedemos", afirmou Nkunda en francés.
A reunión entre Nkunda e Obasanjo desenvolveuse na cidade de Jomba, na provincia congoleña de Kivu Norte, dende onde o dirixente rebelde anunciou tamén a creación dun corredor humanitario para permitir o paso de axuda aos refuxiados e desprazados.