Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consello de Ministros

O goberno español incrementa as axudas para cambiar de coche ante a crise no sector

Aproba estender o Plan VIVE á adquisición de vehículos usados de até cinco anos e á entrega dos de até 10, e ao financiamento sen intereses de 10 mil euros.

Redacción - 18:00 14/11/2008
As ventas de coches baixaron este ano

As ventas de coches baixaron este ano

O Consello de Ministros aprobou este venres a reforma do Plan VIVE que, como principais novidades, incluirá a adquisición de coches usados de até cinco anos de antigüidade e permitirá que os compradores financien sen interese os primeiros 10 mil euros, en troques dos cinco mil estabelecidos anteriormente.

Segundo explicou a vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, o obxectivo da reforma que impulsa o Ministerio de Industria é "darlles máis facilidades aos propietarios de automóbiles para se acolleren ao plan".

Ademais, o custo máximo de adquisición do vehículo elévase a 30 mil euros, un aumento do 50% respecto dos 20 mil estabelecidos no programa inicial, e tamén se inclúen os vehículos comerciais lixeiros con emisións de CO2 de até 160 gramos por quilómetro (no caso dos turismos é de 140).

Entre as modificacións tamén salienta a posibilidade de se acoller ao plan con coches de 10 anos de antigüidade fronte aos 15 actuais.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: