Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'AREA DA PRAIA' INAUGÚRASE ESTE VENRES

O novo de Jorge Cabezas, na Sargadelos da Coruña

A exposición, que recolle as obras máis recentes do artista, poderá visitarse até o 12 de decembro.

Redacción - 08:50 14/11/2008

Os últimos Jorge Cabezas poden verse dende este venres na Coruña. Trátase de paisaxes recoñecíbeis, praias, portos e cidades, recollidos co realismo de base no que milita o artista, mais construído con debuxo esquemático e cromatismo conciso. Con algo de Tápies, pero con máis emoción nas pinceladas. A inauguración terá lugar ás oito da tarde do venres 14 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56).

Jorge Cabezas (A Coruña, 1972) é unha das figuras máis destacadas da pintura galega contemporánea, creando ao longo dos anos unha iconografía propia. O pasado ano publicou Pintando pintura, unha obra sobre o seu proceso creativo. As obras que presenta nesta ocasión continúan a tendencia apuntada nos últimos anos, nos que o gris dominante dos seus primeiros cadros, vai deixando paso a unha explosión de cores. Pintor autodidacta, procedente do circuíto contracultural das exposicións en pubs e lugares alternativos, foi descuberto en 1992 ao conseguir o primeiro premio do concurso Fundación Araguaney. Dende entón foi acadando recoñecementos, expoñendo con frecuencia en Madrid e outras cidades do Estado, e mais en Nova York e Bos Aires.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: