A selección masculina ten a cita o día 27 de decembro e ao día seguinte saltará ao campo o combinado feminino.
Este nadal cúmprense tres anos desta imaxe, coa que se marcou o comezo dunha era para o fútbol galego
A Federación Galega de Fútbol decidiu este martes que o Galiza-Chile se xogue o sábado 27 de decembro no estadio coruñés de Riazor. Porén, as irmandiñas van ter este ano unha xornada propia para enfrontarse ao combinado feminino vasco: o domingo 28 de decembro (17 horas). Este partido disputarase no estadio de Pasarón (Pontevedra)
Á hora de decidir o Galiza-Chile, a FGF tivo moi en conta que Riazor e Balaídos son os únicos estadios do país con capacidade para acoller máis de 20 mil seareiros (hai que lembrar que o ano pasado superouse esta asistencia).
Na xuntanza tamén se decidiu que Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez sigan a dirixir o equipo masculina. Pilar Neira fará o propio coas irmandiñas.