Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS XULGADOS DE OURENSE

Xulgan dous mozos da Porqueira por queimar unha bandeira española á porta da igrexa

Os procesados, que non teñen vinculación con ningunha organización política, enfróntanse a unha posíbel multa de 1.620 euros.

Redacción - 13:20 10/11/2008

Ismael R. R. e Alberto O. M. comparecerán o vindeiro día 18 ante a maxistrada do Penal número dous de Ourense para prestar declaración por un suposto delito de ultraxe á bandeira española. Os feitos remóntanse até hai case un ano, cando os denunciados supostamente roubaron o estandarte español do alto da casa consistorial da Porqueira. Despois prendéronlle lume e deixárona ás portas da igrexa local, para que puidese ser apreciada polos fregueses que se ían achegando á misa, xa que era xornada de domingo. Así, polo menos, o considera o fiscal, quen solicita unha condena de nove meses de multa, a razón de pago diario de seis euros. De estimarse a petición, os mozos terán que pagar unha cantidade total de 1.620 euros.

Foi a Garda Civil quen levantou o atestado aquel día e quen sumou as declaracións de diversas testemuñas que inculparon os hoxe denunciados. Con todo, ambos os dous negan a súa implicación nos feitos, polo que haberá que agardar á sentenza da maxistrada. Os mozos non teñen ningunha filiación política e hai quen pensa que foi unha trasnada.


4,63/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: