Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto 'Censored'

Unha web recolle as principais informacións censuradas, nos últimos 30 anos, aos medios de comunicación

Entre elas, un millón de mortes civís no Irak, ou o nome das empresas que colaboran co FBI.

Redacción - 11:35 10/11/2008
O libro editado, coas últimas información censuradas

O libro editado, coas últimas información censuradas

O Proxecto 'Censored' fai públicas, dende hai máis de 30 anos, as informacións agochadas polos gobernos que non apareceron, no seu momento, nos medios de comunicación por ser comprometidas ou críticas co poder.

Fundado en 1976 por Carl Jensen, recibe perto dun milleiro de informacións ao ano, procedentes dos propios xornalistas ou de investigadores universitarios e cidadáns particulares de todo o mundo. Das últimas noticias censuradas fixeron unha escolla e subírona á súa web.

Como este proxecto naceu nos EUA, a meirande parte das informacións recollidas teñen que ver co seu goberno, porén, hai noticias censuradas doutras partes do mundo. Entre as máis destacadas, as mortes de máis de un millón de civís en Irak durante a invasión estadounidense, ou os millóns de dólares, aos que xa se lles perdeu a pista, enviados a este mesmo país pola Reserva Federal Norteamericana. Ademais disto, visitando a web poden saber os nomes dos máis de 23 mil empresarios que colaboran directamente co FBI; coñecer a represión e os asasinatos de activistas que se opoñen á privatización da auga no Salvador; as toneladas de residuos radioactivos deitados en varios lugares non autorizados, nos EUA; ou os 27 millóns de escravos que hai en todo o mundo, dende os obrigados a pertencer á industria do sexo aos inmigrantes que traballan de sol a sol.


Ligazóns

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: