Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Novo triunfo internacional

Galiza volve do Open de Corea de Taekwondo con sete medallas

Son dous ouros, tres pratas e dous bronces. Esta sexta feira parte a selección feminina cara Croacia, para participar nun outro campionato internacional.

Redacción - 18:00 07/11/2008

A Federación Galega de Taekwondo recibe esta sexta feira á selección galega, que vén de participar no Open de Corea que se desenvolveu entre o 1 e o 6 de novembro. Os galegos e as galegas, que chegan, de tarde, a Vigo, traen nas maletas dous ouros, tres pratas e dous bronces.

Marta Souto despide á selección galega feminina
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, despediu esta sexta feira ás compoñentes da selección galega absoluta feminina de taekwondo, que viaxará esta fin de semana cara a Croacia, onde permanecerá concentrada até o vindeiro domingo 16 de novembro. A selección nacional, que estará acompañada polo director deportivo da Federación Galega de Taekwondo, Ángel Torres, adestrará durante toda a semana coa selección olímpica de Croacia, e logo competirá no Open Internacional, catalogado como clase A (máxima categoría da ETU).

A selección galega feminina está composta por Jael Loren (Area Vigo), Belen Asensio (Natural Ribeira), Nazaret Tilve (Doyang Redondela), Andrea Rica (TAO Vigo), Rebeca Mariño (Natural Riveira), Fani Hernández (Natural Ribeira), Lara Oubiña (Natural Ribeira), Jessica Otero (Kido Sport Sanxenxo) e Lúa Piñeiro (Olimpic Vilagarcía).

Por outra banda, o taekwondo galego tampouco para. O sábado, a localidade de Sada acollerá o Campionato Galego Júnior, no que participan máis dun cento de deportistas, pertencentes a uns 20 clubes do país. E o sábado que vén, día 22 de novembro, desenvolverase en Ribeira a I Xornada da Liga Estatal de Taekwondo.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: