Un estudo británico tamén amosa que a sala de estar e a cama son os principais lugares onde se accede á rede.
Un de cada dez internautas conéctase á rede dende o váter. Ou, cando menos os enquisados polo proveedor británico de internet Plusnet. Así, o 10 por cento das respostas aseguran que aproveitan as súas visitas ao retrete, tanto na casa como no traballo, para navegar pola web ou consultar o correo electrónico, todo grazas á tecnoloxía sen fíos e ao uso de dispositivos portátiles.
Outro dos lugares pouco tradicionais para se conectar é a cama, que usa un 35%, como alternativa á tradicional lectura antes de durmir. Porén, o lugar favorito para facer uso da internet é a sala de estar, co 40%, mentres que o estudio queda por detrás, con só o 20%. Ademais, o 85 por cento das persoas que contestaron a enquisa contan con acceso Wi-Fi.
O director de produto de Plusnet, Neil Armstrong, asegurou que a explicación a estes usos en lugares estraños dáse porque "coa crecente popularidade da tecnoloxía, a xente pode acceder aos seus computadores dende calquera parte da súa casa a calquera hora".