Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAUFRAXIO

Afunde ao leste das Bermudas un palangreiro con base en Vigo

Un mercante dos EUA rescatou seis dos 11 membros da tripulación, dos que tres son galegos e, o resto, indonesios.

Redacción / EP - 16:55 06/11/2008

O pesqueiro galego José Almuíña naufragou a mañá do xoves no Océano Atlántico, a mil millas ao leste das illas Bermudas. O palangreiro de superficie, con baseen Vigo, levaba na súa tripulación tres galegos e nove indonesios. Un mercante estadounidense xa rescatou seis dos tripulantes.

Segundo informou Salvamento Marítimo, o buque localizou os traballadores a bordo dunha balsa. O José Almuíña, de 26,6 metros de eslora, dedicábase á captura de peixe espada e os seus armadores son da Guarda, aínda que agrupados na Cooperativa de Armadores de Vigo.

Segundo o censo do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, o barco ten autorización para traballar en augas do Estado Español e comezou a actividade en 1968.

O operativo de busca da tripulación do pesqueiro estao a levar a cabo o centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Norfolk (Virxinia, EUA). O centro comezou os labores despois de recibir a alerta da radiobaliza do pesqueiro galego. Tamén as instalacións de Norfolk foron as encargadas de mobilizar os mercantes máis próximos ao lugar do accidente.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: