Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ferramentas de igualdade

Preséntase unha guía de linguaxe non sexista no deporte

Nace coa vocación de "sensibilizar" á sociedade da necesidade de empregar o idioma para equiparar o deporte feminino co masculino.

Redacción - 18:30 05/11/2008
Marta Souto, Carme Adán e Concha Diéguez na presentación da guía

Marta Souto, Carme Adán e Concha Diéguez na presentación da guía

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, presentaron esta cuarta feira a Guía de Linguaxe non Sexista no Deporte, un proxecto que nace coa vocación de "sensibilizar" ao mundo do deporte sobre a necesidade de utilizar a linguaxe de xeito que mulleres e homes estean incluídos e sexan visíbeis por igual.

Lingua e igualdade
"Esta guía nace para dotar de ferramentas ás federacións deportivas, aos medios de comunicación, aos clubs..., para que a linguaxe faga visíbel ese deporte feminino que tantas veces está esquecido. É necesario visualizar a presenza da muller no deporte e a lingua ten unha grande importancia nesta loita pola igualdade, xa que é un reflexo máis da sociedade na que vivimos", dixo Marta Souto.

Na mesma liña que a directora xeral, expresouse a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, quen desvelou que esta guía de linguaxe non sexista no deporte é a primeira que se presenta en todo o Estado Español. Adán tamén lembrou que as dúas razóns básicas que levaron a Igualdade e Deporte a crear esta guía foron a "necesidade de identificar novas formas de expresión que permitan reflectir a realidade da participación feminina en cada vez máis ámbitos" e a "importancia do deporte como modelo para a sociedade".

Na presentación tamén interveu Concha Diéguez, directora da empresa Reverso Comunicación e autora da publicación, quen explicou un bocado do proceso de elaboración da guía: "O que buscamos é estruturala para que aos usuarios lles sexa fácil e practicábel empregar esta ferramenta. En cada un dos apartados ofrécense varias estratexias, que veñen acompañadas de consellos e propostas de uso".


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: