Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

Marcos García correrá co Xacobeo Galicia a vindeira tempada

Para o 2009 o equipo ciclista profesional galego presenta 15 renovacións e unha alta, de momento.

Redacción - 19:27 04/11/2008

O Xacobeo Galicia renovou 15 dos 18 ciclistas que integraron o cadro de corredores no 2008, e confirmou a fichaxe do Sub 23 Marcos García para a nova tempada. Deste xeito, o equipo profesional galego mantén íntegra a columna vertebral da formación que tan bos resultados acadara na última campaña, que, segundo o director deportivo e mánager do equipo, Álvaro Pino, constitúen Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo César Veloso, David Herrero e Carlos Castaño.

Os outros corredores que renovaron co XGZ para a tempada 2009 son Gustavo Domínguez, Gonzalo Rabuñal, Juan Francisco Mourón, Serafín Martínez, Delio Fernández, Alejandro Paleo, Eduard Vorganov, Vladimir Isaychev, Iban Mayoz e Alberto Fernández.

Chega Marcos García, do Supermercados Froiz
A única incorporación ata o momento é a do Sub 23 Marcos García, procedente do equipo amateur Supermercados Froiz. Este corredor xa estivo a proba coa formación galega na 'Volta a Burgos', na 'Clásica dos Portos' e no 'Tour de Poitou Charentes'.

Segundo contan dende o XGZ, "nestes momentos hai contactos moi avanzados con outros dous corredores para completar un cadro de 18, número habitual nos dous primeiros anos de existencia do equipo". A relación podería ampliarse até os 20 ciclistas se finalmente o equipo galego consegue un convite para participar no Giro de Italia.

Tres son os corredores que causan baixa no equipo galego: David Abal, Jesús Cobelo e Ramón Troncoso.


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: