Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O PRAZO DE CANDIDATURA FICA ABERTO ATÉ O DÍA 14

Ábrese a convocatoria dos Premios Nacionais do Deporte

Diferentes asociacións ou entidades relacionadas co mundo do deporte serán encargaranse de realizar as candidaturas.

Redacción - 17:57 04/11/2008
Gómez Noya foi o último en recibir o Premio Nacional

Gómez Noya foi o último en recibir o Premio Nacional

A dirección xeral para o Deporte anunciou a convocatoria dos Premios Nacionais para o Deporte do períoso 2007-2008. A finalidade principal de estes galardóns é recoñecer o traballo realizado polos axentes que integran o deporte galego. Así, poderán recibir esta distinción persoas ou tamén organismos públicos e privados que se distinguisen pola súa especial achega ao deporte do país.

As candidaturas deberán ser propostas polas federacións, clubs ou calquera outro tipo de asociación relacionada coa práctica deportiva. O prazo para a proposición de candidatos comeza o mércores día 5 de novembro e rematará o 14 de este mesmo mes. O galardón divídese en dúas categorías, como son "premio ao/á mellor deportista" e "premio ao/á mellor deportista discapacitado/a". O ano pasado estes premios entregáronse a Xavier Gómez Noya e Susana Rodríguez, respectivamente.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: