Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTACIÓN EN TOULOUSE

Manuel Rivas segue colleitando éxitos en Francia

A popularidade da tradución de 'Os libros arden mal', finalista do Premio Médicis, aumenta o interese polo autor galego.

Redacción - 11:45 03/11/2008

Manuel Rivas presentou onte na libraría Ombres Blanches de Toulouse a edición en francés de Os libros arden mal, L'éclat dans l'abîme, publicado na prestixiosa editorial Gallimard. Rivas falou da súa obra, do seu último libro e de súa concepción da literatura e os lazos entre xéneros literarios ante o numeroso público asistente, e evocou os seus inicios no mundo xornalístico.

Este encontro, organizado pola propia libraría en colaboración con Instituto Cervantes, Casa de Galicia de Toulouse e o profesor Jean Croizat-Viallet, serviu aos asistentes para achegarse un pouco mais á obra literaria de Manuel Rivas, escritor coñecido en Francia principalmente pola tradución de O lapis do carpinteiro e de A lingua das bolboretas e as adaptacións cinematográficas das devanditas obras, ademáis de polo seu traballo periodístico en diversos medios de comunicación.

L'eclat dans l'abîme é unha das 15 obras en lingua extranxeira incluídas na selección do Premio Médicis no seu 50º aniversario. No seu artigo deste luns en Faro de Vigo, Xosé Luís Méndez Ferrín escribe que "Galicia débelle unha homenaxe de masas a Manuel Rivas por dúas razóns principais (...) O clube financiero de Vigo, para quen o galego é perxudicail para os negocios, debería reparar en que ningún libro escrito en castelán foi escolleito para o Medicis".


4,95/5 (21 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: