Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Pontecaldelas, Lugo, Cervo e Monterroso os concellos nos que se van realizar inspeccións

O Proxecto Ríos remata a quenda de outono con saídas formativas en centro de ensino

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

ADEGA - 14:18 30/10/2008
Tags:

Coincidindo co fin da campaña de outono están programadas catro saídas formativas con centros de ensino de todo o país. As saídas formativas consisten en realizar roteiros polo río escollido desenvolvendo e explicando a un grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autonomamente.

A campaña de outono remata oficialmente o día 31 de outubro, sendo o día límite de entrega de inspeccións o 10 de novembro. Todos os grupos participantes no Proxecto Ríos deberán enviar os resultados das súas inspeccións antes dese día. Con todos os datos recollidos o Proxecto Ríos elaborará o Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que será presentado aos medios de comunicación, participantes e administracións a mediados de decembro do presente ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: