Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
TARBES GB 83-52 EXTRUGASA

O Extrugasa cae con claridade ante as líderes do grupo

As mozas adestradas por Isaac Fernández apañaron unha boa tunda, que non mingua as súas opcións de pasar á seguinte rolda.

Redacción - 10:50 30/10/2008
Katia da Silva foi a máis destacada do Extrugasa

Katia da Silva foi a máis destacada do Extrugasa

O equipo arousán sufriu unha derrota previsíbel, fronte ao Tarbes que lidera o grupo da Fiba Eurocup e tamén a Liga Feminina Francesa. Mais o marcador non fixo xustiza ao decorrer do partido, xa que o Extrugasa chegou ao último cuarto con só 12 puntos de desvantaxe. Foi no derradeiro período cando as xogadoras francesas racharon definitivamente o encontro cun parcial de 26-7.

A clave para a derrota do Extrugasa foi o elevado acerto no tiro das francesas, especialmente nos lanzamentos exteriores. Así, o Tarbes anotou 10 tiros de tres puntos, cunha porcentaxe do 59% de acertos sobre tiros intentados. Ademais o Tarbes impuxo o seu poderío físico no xogo interior e non deu ningunha opción a un equipo galego que se viu claramente superado no rebote.

Por parte das francesas destacou Ndeye Ndiaye, con 12 puntos e 11 rebotes, mentres que Katia da Silva foi a mellor do equipo arousán, con 12 puntos e seis rebotes.

O Tarbes está a cumprir cos prognósticos e afiánzase como líder do "Grupo J" da Eurocup. As xogadoras galegas parecen abocadas a loitar coas italianas do Pallancanastro Ribera por unha segunda posición que tamén da acceso directo á segunda fase. Polo momento o Extrugasa mantén a segundo lugar, á espera do que fagan esta noite as italianas fronte ao Olivais Coimbra portugués.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: