2008-10-13 María do Cebreiro Rábade Villar (Compostela 1976), profesora de Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, é unha das novas voces da poesía galega actual. Entre as súas publicacións podemos salientar: Non queres que o poema te coñeza (2004), As antoloxías de poesía de Galicia e Cataluña (2004), O barrio das chinesas (2005), As terceiras mulleres (2005), Os hemisferios (2006) ou Cuarto de outono (2008). Coordinou unha escolma de poesía galega traducida ao inglés, A poesía é o gran milagre do mundo (2001), e mais Damas negras (2002), antoloxía de cancións interpretadas por mulleres afroamericanas.
Conferencia de María do Cebreiro na UB: "Alteridade e poesía. Reflexións sobre o desdobramento enunciativo"
Luns, 3 de novembro de 2008 ás 10 h
Edificio Josep Carner, Aula 3.6
Facultade de Filologia, Universitat de Barcelona
Carrer Aribau, 2 | 08007 Barcelona