Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Causou oito mortos civís

Os EUA admiten o ataque a Siria que cualifica a acción de "acto terrorista"

O exército estadounidense cualificou a operación de "éxito", asegurando que se deseñara contra un membro da rede al-Qaeda.

Redacción - 09:00 28/10/2008
Tags: EUA Siria

"Se teñen probas, no canto de aplicar a lei da selva e entrar, sen provocación, nun estado soberano, poderían terse achegado ao goberno sirio e compartir a información", denunciaba este luns en declaracións á BBC un voceiro da embaixada de Siria en Londres. O ministro de Exteriores sirio, Wallid Muallen, definiu o acontecido de "agresión criminal e terrorista".

No entanto, e mentres o executivo sirio sinala que os oito mortos causados polo ataque aéreo eran todos civís, entre eles un pai cos seus tres fillos, voceiros do exército dos EUA definían nas últimas horas de "éxito" a operación militar. Segundo a versión estadounidense, o obxectivo era Abu Ghadiya, presunto antigo lugartenente do xefe da resistencia en Iraq, Musab Al Zarqaui.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: