Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL INTERNACIONAL 'FITO'

Ourense é puro teatro

A primeira edición do festival levará unha ducia de obras aos escenarios e rúas da cidade dende o 27 de outubro até o 2 de novembro.

Redacción - 18:00 27/10/2008

Ourense é terra de teatro. Ribadavia é o centro, no verán, coa súa mostra, capital en Galiza e en toda a península, e cun prestixio absolutamente consolidado; Ánxeles Cuña, responsábel deste festival, cualificou a Ribadavia de "forno do Teatro Profesional Galego". Pero non é só Ribadavia: existe tamén o Festival de Teatro Galego do Carballiño, e na propia cidade de Ourense organízanse cada ano dúas mostras de teatro, a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) e a MOTI (Mostra de teatro infantil).

Nace agora o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), organizado por Sarabela. Será un festival de outono cunha ducia de obras e compañías de nove países distintos en tres formatos: grande, mediano e pequeno, que levarán as representacións a moi distintos escenarios da cidade (Teatro Principal, Campus, Auditorio Municipal, Centro Cultural da Deputación).

Entre as compañías participantes, destacan Els Joglars, os andaluces de La Cuadra ou os dinamarqueses de Odín Teatret. Canda a estas compañías consolidadas, o festival dará entrada a compañías novas, como os ‘Mundo Perfeito' de Portugal ou os brasileiros 'Pe de vento'.

Haberá tamén actividades paralelas, como a presentación do número 56 da Revista Galega de Teatro, o 30 de outubro ás 22.45h no Centro Cultural da Deputación. Ou as Xornadas de teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o 1 de novembro ás 12.00h na sala vermella do Auditorio Municipal. Todo co obxectivo de que "a cidade floreza en outono".

Programa para luns, martes e mércores

Luns 27
19.00 Rúa Paseo. Encara Farem salat (Cataluña) Humortal
20.30 Teatro Principal. Odin teatret (Dinamarca) As grandes cidades baixo a lúa
23.00 Campus. Compañía Lolita Corina (Cataluña) As galegas

Martes 28
20.00 Auditorio Municipal. La cuadra (Andalucía) Flamenco para Traviata
23.00 Teatro Principal. Teatro en el Blanco (Chile) Neva

Mércores 29
20.30 Teatro Principal. L'Explose (Colombia) Por quén choran os meus amores?


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: