Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado muda a hora

Cando os reloxos marquen as 3:00, serán as 2:00 h.

Para Galiza esta medida suporá o aforro do 0,4% do total do consumo eléctrico, segundo o INEGA.

Redacción - 12:30 25/10/2008

Na madrugada do sábado para o domingo, os reloxos deberán mudar a súa hora ás 3:00 horas para as 2:00 horas, porque termina o horario de verán e comeza o de inverno.

O cambio de hora, unha medida xeneralizada en Europa dende 1974, que é cuestionada, cada ano máis pola súa baixa rendibilidade, ha supoñer en Galiza un aforro do 0,4% do total do consumo eléctrico, segundo o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Este aforro podería elevarse ao 1% nos fogares.

Dende o Indega, a pesar de que cualifican de "pequeno" este aforro, entenden que se trata dunha medida "positiva" e lembran que mudar a hora ten como finalidade adaptar o máximo posíbel o comezo da xornada laboral coa saída do sol. Tamén sinalan que este cambio podería propiciar socialmente "un debate necesario sobre os recursos enerxéticos e o uso que deles se fai".

Unha hora menos en Galiza?
Os cambios de hora no noso país acostuman suscitar polémica sobre as vantaxes e inconvenientes de que Galiza, situada no mesmo meridiano que Irlanda, teña a mesma hora que, por exemplo, Barcelona, onde amence 40 minutos antes.
Hai dous anos, xurdira a proposta de igualar a hora de Galiza á portuguesa (unha hora menos que no Estado Español, sen contar Canarias, que tamén vai 60 minutos por baixo) na Asemblea Nacional do BNG.

O ano pasado por estas datas, Francisco Jorquera, naquela altura senador do BNG, volvía pedir que Galiza adoptase a súa "hora natural" nunha arela xustificada no escaso aforro enerxético que supón para o país o cambio de hora.


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: