Peguform e Asador Arealonga ocupan as dúas primeiras posicións antes de disputar a terceira xornada.
Dous equipos de Redondela xogarán, este fin de semana, polo liderado da Primeira Galega de balonmán feminino, na súa terceira xornada. O Asador Arealonga, segundo clasificado, recibe a visita do Peguform, que tratará de afianzarse no primeiro lugar. O partido disputarase no pavillón municipal de Chapela, o domingo, a partires das 12:30 horas.
Nos outros partidos da xornada, o Azkar Seis do Nadal Coia desprázase ao Grove para xogar contra o Rasoeiro Balonmán; e o Balonmán Tui recibe ás viguesas do Sárdoma. Os dous encontros disputaranse o sábado, a partir das 18:15 e 18:00 horas, respectivamente.