O xurado outorgoulle o galardón pola obra 'O único que queda é o amor', recoñecida así como a mellor do Estado en 2007.
O unico que queda é o amor, volume de relatos polo que se lle concede este premio, foi publicado en galego pola editorial Xerais e posteriormente traducido ao castelán por Anaya.
O xurado, presidido por Rogelio Blanco, director xeral do Libro, do Ministerio de Cultura, estaba integrado ademais por Mónica Fernández, Manuel González, Margarita Salas, Emili Teixidor, Cristina Minguillón, Marta Rivera, Xavier Etxaniz, Remedios Morales, Rosario González e María Menéndez. Tamén formaba parte os anteriores gañadores: Fernando Marías e Jordi Sierra i Fabra.