Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGUNDA OPORTUNIDADE

Do tradicional vinilo ao moderno MP3

A propia revolución tecnolóxica é a que vai facer "resucitar" aos vinilos. Despois de que o seu uso decaese coa dixitalización, esta mesma vai ser a que volva rescatar os vellos discos, a través dos reproductores MP3.

Redacción - 17:38 22/10/2008
LP 2 Flash

LP 2 Flash

Iso si, o regreso dos discos de vinilo non se fará a través do formato analóxico "de toda a vida" senón dixitalizando os contidos mediante a tecnoloxía de compresión MP3.

Así, por exemplo, co Terratec iVinyl PhonoPreAmp, un dispositivo que se conecta ao USB do ordenador, poderase aplicar filtros para eliminar o ruído das gravacións dos vinilos e separar as pistas dun modo sinxelo. Ten ademais a vantaxe de que funciona tanto para Mac como para PC.

Outra opción é o iVinyl, no que tan só hai que poñer o disco, aplicar os filtros en tempo real e deixar que o aparato dixitalice e separa as cancións. Tanto co iVinyl como co Terratec iVinyl PhonoPreAmp será necesario ter un prato de reproducción de vinilos.

No caso de non ter este prato, unha solución é a do LP 2 Flash de Ion Audio que se conecta tamén ao PC a través de USB e permite pasar a música directamente a unha tarxeta de memoria SD ou a un disco duro externo.

O LP 2 Flash de Ion Audio inclúe, tamén, unha aplicación que é quen de identificar as cancións para pórlles as etiquetas adecuadas de xeito automático e detecta os silencios entre cancións para separalas como arquivos diferenciados.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: