Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESCANEADO EN LIÑA

Como protexerse contra os virus, sen utilizar unha aplicación antivirus

Para aqueles que non instalan no seu ordenador antivirus ou antiespías, ben porque non o consideran necesario, ben porque non queren pagalos, unha solución rápida e gratuíta para saber se o equipo está infectado son as ferramentas de escaneo en liña.

Redacción - 12:52 20/10/2008
Loitar contra os virus de modo gratuíto

Loitar contra os virus de modo gratuíto

Estas ferramentas on line detectan ou eliminan os programas maliciosos que atopan, pero non funcionan á hora de previr as infeccións, porque a súa protección non é permanente.

Porén, o principal inconveniente do escaneado de virus en liña é que só funciona en productos de Microsoft, posto que só se poden usar en Windows e con Internet Explorer. E é que adoitan funcionar a través de controis ActiveX, un compoñente característico deste sistema operativo e que se deben decargar para usar as ferramentas de escaneo on line.

A maioría destas ferramentas gratuítas coinciden coas marcas que elaboran os antivirus convencionais. Así, por exemplo, o Panda Active Scan, require o rexistro para eliminar virus, troianos e vermes e permite personalizar a análise para facelo só sobre os directorios e arquivos que se prefira.

HouseCall, de TrendMicro, é dos poucos que se pode usar dende o Firefox e outros sistemas que non sexan Windows, como o Mac ou Linux. Atopa, tamén, virus, troianos e espías.

Pola súa parte, o BitDefender ten a principal característica de que envía datos aos servidores da empresa para confeccionar as estatísticas da actividade de malware no mundo.

Outras opcións son o McAfee FreeScan, que só localiza os virus, non permite a súa eliminación automática; o ESET, que rastrea virus, espías e troianos; ou o CA, que busca virus nas carpetas establecidas polo usuario.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: