Protagonizado polas representantes da Coruña e Ferrol, desenvolveuse o Campionato Galego de Ximnasia Rítmica en Categorías Base.
O domingo desenvolveuse en Narón a quinta edición do Campionato Galego de Ximnasia Rítmica en Categorías Base, o que serviu para observar o nivel que ten a canteira galega desta especialidade.
Na categoría alevín venceu o Pavillón de Ourense, seguido do María Barbeito da Coruña e o CDR As Pontes. En Infantil gañou o Arousa, seguido do Pontevedra. Na fase de equipos venceu o Acordes de Narón na categoría alevín, seguido do María Barbeito e do Maniotas de Vigo; o podio foi o mesmo na categoría infantil.
Entre os equipos júnior o mellor foi o Club Esquío de Ferrol, seguido do Maniotas e o Pavillón. E na última categoría, a sénior, o primeiro clasificado foi o Club Maniotas de Vigo, seguido do Triscas de Pontevedra e do María Barbeito da Coruña.