O escritor galego ofrecerá a súa visión sobre a literatura na Universitat de Barcelona.
Suso de Toro (Compostela 1956), desenvolveu un importante papel na renovación do discurso narrativo da literatura galega actual. As súas novelas caracterízanse pola busca de harmonía entre a cultura de elite e a de masas, que consegue fundamentalmente a través do humor. Ten publicados varios libros de narrativa, teatro e ensaio, entre os que podemos salientar: Polaroid (1986), Land Rover (1988), Tic-tac (1993), Trece badaladas (2002), Nunca máis (2003), Home sen nome (2006) ou Outra Galiza (2008). As súas obras están traducidas ao catalán e castelán.
Conferencia de SUSO DE TORO: "La literatura está hecha de tiempo".
Luns, 20 de outubro de 2008 ás 19:30 h
Edificio Josep Carner, Aula 4.1
Facultade de Filoloxía, Universitat de Barcelona
Carrer Aribau, 2 - 08007 Barcelona