Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA O CRITERIO DO BLOQUE

Touriño: “Non é o momento de falar da presenza dos partidos nas caixas”

O presidente da Xunta descarta unha fusión de Caixa Galicia e Caixanova a curto prazo.

Redacción - 12:00 17/10/2008

Non é tempo para unha fusión das dúas caixas galegas. Así de rotundo se mostrou este venres o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, nunha conferencia en Madrid. Para o máximo mandatario galego, a crise económica e unhas eleccións a poucos meses vista desaconsellan cambios nas entidades de aforro do país. Touriño tamén tivo algunha estricadura de orellas para os socios do bipartito: “Non é o momento de reflexións sobre a presenza dos partidos nesta ou noutra caixa de aforros”. Para o dirixente socialista ese debate terá que darse logo dos comicios.

Mais o debate sobre o control político das caixas é máis vello do que pode parecer. Hai perto dun ano, nunha entrevista en Vieiros (vídeo), o daquela aínda deputado do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, aseguraba que un dos erros máis importantes do bipartito era non ter encamiñada unha Lei de Caixas. O dirixente nacionalista era moi claro naquela altura e aseguraba que era inexplicábel que o Parlamento non exercese ningún tipo de control sobre as caixas, á vez de criticar os mandatos “eternos” dos directores. As palabras de Rodríguez deixaban á vista un debate que estaba instalado naquel entón nos máximos órganos de dirección do Bloque e que atopaba xa daquela certa resistencia do PSdeG.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Francisco Rodríguez comentara a cuestión das caixas, nunha entrevista en Vieiros hai perto dun ano

O conselleiro de Economía reuniuse esta semana cos directores xerais das dúas caixas
O conselleiro de Economía reuniuse esta semana cos directores xerais das dúas caixas