Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Derradeiro debate da campaña

Obama e McCain confrontan por última vez as receitas para un imperio en crise

O planeta asiste con interese aos discursos dos candidatos a presidir os EUA, que condicionarán non poucos factores a escala global.

Redacción - 09:15 16/10/2008
Tags: McCain Obama

"Eu non lle son o presidente Bush", defendíase este mércores o candidato do Partido Republicano, John McCain, ao respecto das acusacións do seu rival, "se vostede quería competir con Bush debería terse presentado hai catro anos". O novo líder republicano trata así de poñer distancia entre el e a herdanza complicada de tirar de enriba que lle deixa o actual presidente dos Estados Unidos.

Mentres, o candidato do Partido Demócrata, Barack Obama, seguía disparando a esa ferida, lembrando que McCain votou a prol de catro dos cinco orzamentos de Bush. Coa crise económica monopolizando o interese cidadán, insistiu Obama en que o republicano "apoia as mesmas políticas que está levando a cabo Bush, en enerxía, taxas e prioridades orzamentais". Segundo as primeiras enquisas logo do debate entre os dous candidatos, Obama mantén ampla vantaxe sobre McCain nas preferencias do electorado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: