Após a sétima xornada de Liga na Segunda División, o equipo aínda non gañou un partido. O último empatouno co Celta.
O técnico galego David Vidal foi destituído este domingo como adestrador do Elche, despois de que o seu equipo empatase fronte o Celta. Era a sétima xornada de Liga na Segunda División do fútbol estatal, e o Elche aínda non tiña gañado ningún partido, e só sumaba dous puntos, sendo o pechacancelas do campionato.
No lugar de Vidal, o consello de administración do clube levantino nomeou provisionalmente a Claudio Barragán -ex xogador do Dépor, que até o de agora era segundo técnico- como adestrador do equipo, até que se contrate un novo técnico que dirixa o cadro de xogadores.
Vidal comezou a traballar como técnico do Elche mediada a tempada 2006-2007, substituíndo a Luis García Plaza, actual adestrador do Levante. Neste tempada o Elche eliminou na Copa do Rei ao Alavés, e ao Tenerife, aínda que a súa traxectoria na Liga non é moi salientábel.