Situada fronte á costa cántabra de Santoña, esta boia, de 17 toneladas de peso e sete metros de diámetro, é capaz de converter as ondadas do mar en electricidade.
A boia instalada en Santoña
A catro quilómetros de distancia da costa e ancorada ao fondo do mar a boia ten unha potencia de 40 quilovatios creados cos movementos cíclicos das ondas mariñas.
O mecanismo do aparato permite que auga entre na bomba hidráulica e grazas ao movemento das ondas impúlsase o alternador que xenera electricidade.
Está preparada para soportar ondadas de un a cinco metros, de xeito que cando detecta que a altura das ondas é superior, o dispositivo desconéctase para evitar posibles danos.
Ibermar, compañía participada por Iberdrola, Total, OPT, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía do Ministerio de Industria e a Sociedade para o Desenvolvemento de Cantabria, é a impulsora deste proxecto en cuxa fabricación parciparon 17 empresas cántabras.
Unha subestación mariña é a encargada, posteriormente, de conducir a enerxía xerada pola boia a través dun cable que se conecta á rede eléctrica para a súa distribución.
Iberdrola ten previsto situar un total de 10 boias na costa de Santoña que xerarán a electricidade que consumen 2.500 fogares nun ano e evitarán a emisión de 2.600 toneladas de CO2 anuais.
FWWWRANDO