Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A PRINCIPAL REVISTA DE MÚSICA CATALÁ

O mellor do pop galego, nun cd de balde con Enderrock

Recolle cancións de 18 bandas, percorrendo todos os estilos, para amosar en Cataluña a máis recente creación musical galega.

Redacción - 13:30 10/10/2008

Loreta Martin, The Homens, Dios ke te crew, Ataque Escampe, Projecto Mourente, Fanny&Alexander, Galegoz... 18 bandas e case oitenta minutos de música que repasan o máis destacado do escoitado no último ano en Galiza. GZ Pop! é un CD creado por GalicianTunes que se encarta co número de novembro da revista Enderrock para apoiar a distribución das bandas galegas no exterior. Acompaña ao CD unha reportaxe sobre as orixes e o momento actual da nova escena musical galega, realizado polo xornalista David Vázquez.

O CD preséntase este venres no Centro Galego de Barcelona, nun acto ao que asistirán Luis Bará, Roger Palà, xefe de redacción de Enderrock, e David Vázquez. GZ Pop! mestura bandas máis próximas ao pop-rock con outros estilos, como os que representan Lamatumbá, Nao, Som do Galpom, Zënzär ou Mencer Vermelho.

Case quince mil exemplares cada mes
Enderrock é a revista musical de referencia nos Países Cataláns e o pasado mes de maio cumpriu o seu 15º aniversario. Naceu ao fío do exitoso movemento musical do rock catalá (o seu primeiro número estivo dedicado a Sangtraït) que a finais dos oitenta e comezos dos noventa encheu estadios e pavillóns en Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares con bandas como Sopa de Cabra, Els Pets, Sau, ou Sangtraït. A revista, en gran parte, naceu do espírito xerado polo histórico concerto que moitas destas bandas ofreceron conxuntamente no Palau Sant Jordi en 1991 (organizado por la Generalitat de Pujol por mor da presión exercida polo peche previo dos artistas). Hoxendía mantense como revista de referencia na cultura catalana, equiparábel á Rockdelux a nivel estatal, con máis de dez mil exemplares vendidos cada mes.


4,82/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: