Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Escolma na rede

Cen mil topónimos irlandeses en liña

O traballo foi froito de anos de investigación do Dublín City University.

María Golpe - 12:40 12/10/2008

Unha nova web, Logainm.ie, recolle 100 mil topónimos irlandeses, a escrita e pronunciación correcta, así como a orixe de todos eles.

A paxina presentouse en Dublín tras anos de investigación por parte de Fiontar, a unidade de estudo do idioma irlandés de Dublín City University (DCU).

"A maioría dos topónimos do país son irlandeses en orixe, pero a través da historia e co declive do idioma irlandés como lingua vernacular, moitos dos nosos topónimos téñense convertido en versións anglófonas do nome orixinal", dixo o ministro para asuntos dos Gaeltacht, Éamon Ó Cuív, que espera que a paxina sexa unha referencia útil para estudantes, mestres, xornalistas, tradutores e todos aqueles interesados no estudo do idioma irlandés.

Só no mes de setembro, a paxina tivo 250 mil visitantes. O traballo de Fiontar continúa, xa que o grupo espera engadir novos recursos multimedia interactivos e aumentar o numero de topónimos nos próximos anos.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: