No decurso da 'I xornada de limpeza de ríos', os voluntarios e voluntarias de ADEGA-Vigo atopáronse cun preocupante achado: nas beiras do río Lagares apareceron centos de radiografías médicas.
Estaban medio soterradas a marxe esquerda do Lagares, no recinto dunha das empresas veciñas ao río con aceso pola rúa do Gandarón, e mesmo algunhas tiñan xa "viaxado" río abaixo. Estes refugallos tóxicos e perigosos conteñen metais pesados que están a traspasar ao medio e deben ser tratados por empresas autorizadas. Preme na localización para ver no Google Maps.