Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOLIDARIO

A contaminación do aire das cidades poderase consultar en Google Earth

Presentáronse en Barcelona varios dos proxectos de ONG e institucións que aproveitan as posibilidades do software.

Redacción - 12:15 08/10/2008

Unha nova ferramenta desenvolvida pola Universidade Politécnica de Madrid permitirá comprobar, mediante Google Earth, cal será o nivel de contaminación das cidades de máis de 50 mil habitantes. A iniciativa, que se presentou no Congreso sobre Biodiversidade de Barcelona, forma parte do proxecto Google Solidario.

O sistema fai un prognóstico da calidade do aire para as seguintes 72 horas. É un modelo que ten en conta as emisións contaminantes do tráfico, da industria e dos seres vivos. Mediante un código de cores, indicará os maiores ou menores niveis de contaminación do aire en 130 cidades.

Google Solidario é un programa da empresa estadounidense aberto a ONG e colectivos sen ánimo de lucro para facilitarlles a creación de mapas e visitas virtuais aos seus proxectos. Dentro do Estado Español participarán tamén no programa solidario o Observatorio da Sustentabilidade, que amosará, mediante fotografías, os cambios que se produciron no terreo nos últimos 50 anos, e Intermón Oxfam, que amosa os proxectos que desenvolve en 18 países do mundo mediante capas de Google Earth.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: