Este sábado o hispanista británico leu o seu discurso, antes de sentar na cedeira que ha ocupar.
Catedrático en Oxford, tradutor, investigador das letras españolas e galegas, creador do Centro de Estudos Galegos nesta universidade británica... Anos de traballo dedicados a unha cultura que non era aquela na que tiña nacido, e anos de "estudo, amor e apoio" a Galiza -dixo Xosé Ramón Piñeiro, presidente da RAG-, foron os que fixeron que o profesor John Rutherford (Saint Alban, Reino Unido, 1941) ingresase, como membro de honra, na Real Academia Galega.
No seu discurso dixo sentirse feliz, falou do enigmático sorriso de Daniel, pousado no Pórtico da Gloria en Compostela ( o título do texto era O fermoso sorriso do profeta Daniel), e prometeu traballar moito na Academia, xa que "os xubilados precisamos moitas actividades" para non aborrecer (hai dous meses que se retirou como docente en Oxford). Na súa honra falaron Antón Santamarina, Manuel González e o propio Xosé Ramón Barreiro.