Na mañá de este venres confirmouse que o coche que circulaba a 120 km/h nunha zona limitada a 50 estaba asignado ao tenente alcalde, Santiago Domínguez.
O propio Domínguez recoñeceu na mañá de este venres que o coche cachado cun exceso de velocidade de 70 quilómetros por hora pertencía ao seu servizo. Porén, o edil vigués afirmou que nese momento el non viaxaba no vehículo, que non estaba sendo utilizado para ningún acto oficial, xa que non había nada programado ese día. Así disípanse as dúbidas aparecidas despois dunhas primeiras informacións que asignaban o coche ao alcalde Abel Caballero.
Domínguez defendeu que até o momento non tivera queixa dos dous condutores que ten ao seu servizo. Agora só falta identificar a persoa que conducía o vehículo ese día para que poda ser posto a disposición xudicial, xa que se enfronta a unha pena que podería chegar aos seis meses de cadea.