A limpeza realizarase o día 4 de outubro de 2008 en colaboración cos grupos, asociacións e concellos que están no Proxecto Ríos.
Como novidade nesta campaña de outono estase a organizar unha limpeza simultánea de ríos para o sábado 4 de outubro. Para esta xornada editaremos un protocolo de limpeza de ríos para unificar criterios á hora de abordar a limpeza. Un dos problemas máis salientables que sofren os nosos ríos é a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsábeis cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos.
O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar. Tamén se entregarán camisolas co motivo da limpeza. Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes.
Este é o primeiro ano que o Proxecto Ríos coordina unha actividade de limpeza de ríos, e pretendemos continuar nos próximos anos con esta actuación aumentando os grupos e zonas nas que se realice a limpeza.
Na seguinte táboa se poden consultar cales son os coordinadores/as en cada zona:
LIMPEZA RÍOS. 4 DE OUTUBRO DE 2008.
Grupo/Concello
Persoa de contacto
Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768 826
ABEGONDO: Departamento de Medio Ambiente
Mª Carmen
686 352 866
ARTEIXO: Departamento de Medio Ambiente
Óscar Miranda
981 64 18 15
CARBALLO: ADEGA-Carballo
Paco Graña
646 42 10 19
CELANOVA: ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Paco Bañobre
981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188 619
FERROL: ADEGA-Ferrol
Nes
649 779 774
GUITIRIZ: Departamento de medio Ambiente
José Cornide
982 37 01 09
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente
Xosé Manuel
986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo
Xosé Rodríguez
Benjamín Cela
678 810 217
982170435/676228883
MELIDE:
Asociación de troiteiros do río Furelos
696 607 348
ORDES: Departamento de Medio Ambiente
Xesús Pereira
649 84 56 74
PONTEAREAS: ADENCO e ADEGA-Paradanta
Anxo Saborido
666 893 879
PONTEVEDRA: ADEGA-Pontevedra; Vai polo Río; Cedofeita; Integra Futuros
Manuel Fortes
Xosé
676 088 486
676 842 942
PORRIÑO
Paula Domínguez
658 943 491
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés e Asociación Roi Vicente
Mª Dolores Barreiro
680 580 086
ROIS: Departamento de Medio Ambiente
Ana Yansi e Ángeles Bouzas
981 804 109
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TRECECATORCE
Fran Rei
615 421 199
TEO: CEIP A Ramallosa
VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271 224
XOVE: Aula de Medio Ambiente
Desireé González
651 600 173