O recente vertido no río Lagares desvelou a verdadeira intensidade da contaminación que sufren os ríos en Vigo e a súa comarca. Empresas sen licenza continuos vertidos procedentes das zonas industriais e residenciais, incapacidade de tratamento das augas residuais e descontrol administrativo este é o resume do que todos os vigueses saben, os ríos da área metropolitana están convertidos en cloacas.
Nesta dinámica habitual ADEGA recibe información todas as semanas dunha situación insustentable que non parece preocupar aos responsables políticos.
A acumulación do lixo no río Eifonso que presenta refugallos procedentes de empresas e particulares. ADEGA realizará unha limpeza destes refugallos o día 4 de Outubro na Xornada de limpeza simultánea dos ríos galegos coordinada polo Proxecto Ríos de ADEGA. Ademais tamén se efectuou unha denuncia ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e Concello de Vigo.
Sen embargo os vertidos procedentes de áreas industriais presenten unha problemática menos evidente porque duran escasas horas aínda que os seus efectos poden ser extremadamente graves ao tratarse en moitos casos de substancias contaminantes.
Un exemplo disto sucedeu o venres pasado no ríoAlvedosa. Por enésima vez este río se tingue de cores diversas provocado polos frecuentes vertidos industriais procedentes do Polígono Industriais de Amoedo no Concello de Pazos de Borbén. Desta volta a cor gris intensa foi detectada polos veciños da zona a última hora do venres. É un feito habitual que os vertidos industriais teñan lugar en fins de semana cando non hai traballadores nas empresas, e mesmo polas noites para que os vertidos non sexan advertidos, pero sempre hai alguén que se decata. Por este motivo ADEGA e veciños de Pazos de Borbén denunciaron ante o Seprona o citado vertido.
A situación deste polígono é insoportable numerosas empresas realizan vertidos ocasionais ao río Alvedosa sen que se poña ningunha solución nin que se sancione a ningunha. Esta situación debe mudar porque senón as consecuencias para o medio e mesmo para as persoas poden ser moito peores e chegar a situacións catastróficas como a que padece o río Lagares.