A sonda estadounidense vén de detectar, por vez primeira, unha nevarada sobre a superficie do planeta vermello, grazas a un láser concibido para analizar as interaccións entre a atmosfera e a superficie de Marte.
Capa de xeo no polo norte de Marte
Segundo as primeiras investigacións dos científicos, semellas que os copos de neve se evaporaron antes de depositarse na superficie do planeta.
Ademais, os datos procedentes da sonda Phoenix, tamén permitiron revelar rastros de reaccións químicas entre minerais do chan de Marte e auga líquida no pasado, similares ás que ocorren na Terra.
Segundo os científicos, este dato demostra que no pasado a auga corría líquida polo chan do planeta vermello.
A presenza de carbonato de calcio (principal compoñente da roca calcaria) reafirma esta hipótese, posto que a meirande parte dos carbonatos e arxilas da Terra se forman coa presenza de auga líquida.
Os traballos dos científicos céntranse a partir de agora en examinar se unha substancia branca que a sonda Phoenix atopou no polo norte de Marte é xeo e se algunha vez se fundiu. De ser así, podería significar que houbo un medio ambiente favorable á vida.
FWWWRANDO