A nova ruta permitiría reducir nun terzo o tempo que se demora hoxe en comunicar as dúas zonas.
O desxeo dos polos é unha das moitas consecuencias nocivas derivadas do quecemento global
O quecemento global do planeta está a afectar de maneira especial o Océano Ártico, que nos últimos anos viu acrecentar a súa temperatura nunha media de oito graos. Esta información recolleuse nunha expedición que científicos chineses e expertos internacionais realizaron á volta do Océano, percorrendo 19.310 quilómetros de mar.
Zhang Haishen, responsábel da expedición, expuxo, cando chegou a Shangai, a posibilidade de crear unha ruta a través do Ártico coa que se podería reducir até un terzo o tempo que actualmente se demora en unir China e Canadá ou Estados Unidos por mar.
A expedición foi realizada a bordo da embarcación "Xuelong" no que entre científicos, persoal do barco e expertos internacionais, viaxaban 110 persoas. Durante a viaxe recolléronse datos que falan de cambios atmosféricos na zona. Ademais, estouse nunha cantidade equivalente a 100 quilómetros o xeo que se derreteu no Ártico dende o ano 1999.